Programa número 202, no que entrevistamos a Mercedes Queixas, que veu falarnos sobre María do Carmo Kruckenberg.
Tamén tivemos a sección de Ciencia e Tecnoloxía, con Roberto Catoira, que nos falou sobre Xoán Vicente Viqueira. E Gema Millán recitou un poema de María do Carmo Kruckenberg na súa sección de Poesía Galega.
Programa número 201, no que entrevistamos a Marisa Vidal, representante da Asociación de Mulleres Cristiás Galegas Exeria.
Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, con Amancio Sotillo. E Gema Millán recitou un poema de Luz Pozo Garza na súa sección de Poesía Galega.
Programa número 200, no que reunimos a algunhas das antigas locutoras e técnicas de Recendo, como Carmela Garrido, Fina Bastón, Amancio Sotillo e Irwin Varela.
E Gema Millán recitou un poema de Miguel Mato (outro dos nosos colaboradores) na súa sección de Poesía Galega.
Programa número 199, no que entrevistamos a René Freire, unha das persoas do equipo que vai xestionar a Nave 1839 (antiga Casa Tomada).
Tamén contamos coa sección de Música Tradicional, a cargo de Antonio Prado, que falou do novo disco de Xabier Díaz. E Gema Millán recitou un poema de Ramiro Fonte na súa sección de Poesía Galega.
Programa número 198, no que entrevistamos á actriz Isabel Risco.
Tamén contamos coa sección de Audiovisual, a cargo do novo corresponsal Antonio Brea, que falou do Festival Curtocircuito. E Gema Millán recitou un poema de Manuel María na súa sección de Poesía Galega.
Programa número 197, no que entrevistamos a Paco Pita e Manuel Pérez Lorenzo, da Agrupación Cultural Irmáns Suárez Picallo.
Tamén contamos coa sección de Música Tradicional, a cargo de Antonio Prado.